Publicador de contidos

Contido coa etiqueta cesta da compra .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta cesta da compra .

Cesta Da Compra

O IPC cae ata o 1,5 % e o prezo dos alimentos rexistra a menor taxa en tres anos

15/10/2024 08:57

O abaratamento dos carburantes e dos lubricantes recortou en oito décimas o Índice de Prezos do Consumo en setembro

En Galicia a inflación situouse en setembro no 1,2 por cento e os alimentos moderaron a súa suba ata o 1,6%, dúas décimas por baixo do conxunto de España


O Goberno defende a suba do IVE dos produtos básicos ao 2 % fronte ás críticas do PP

01/10/2024 14:57

Os populares rexistraron este martes no Congreso a súa proposición de lei de conciliación


A OCU cifra en 36 euros a suba da factura da compra no que queda de ano

01/10/2024 14:50

A cesta da compra recupera en outubro o IVE dos alimentos máis básicos


A rebaixa do IVE do aceite de oliva e dos alimentos básicos decae desde o 1 de outubro e fíxase ao 2 % ata decembro

30/09/2024 10:32

O aceite de oliva é o produto da cesta da compra que máis está a subir no último ano, segundo os datos do IPC do mes de agosto e acumula un incremento do 170,5 % desde xaneiro de 2021

A tarifa do gas regulada individual sobe un 9,5 % a partir deste martes


Galicia é a comunidade onde é máis barato facer a compra

17/09/2024 14:55

Se falamos de cidades, hai dúas galegas entre as máis baratas: Lugo e Vigo

Un veciño de Lugo ou de Vigo gasta un 8 por cento menos na cesta da compra ca un de Madrid

Segundo a OCU, no último ano o noso gasto en alimentación medrou máis dun 5 por cento. O bo é que os prezos se están contendo.


A tapa de tortilla non subiu ao mesmo nivel que os seus ingredientes

Tortilla de patacas a prezo de ouro

22/08/2024 15:28

A suba dos ingredientes dispara o prezo da tortilla de patacas

Elaborar unha tortilla é hoxe un 62,9 % máis cara que hai 3 anos


O 50 % dos fogares asegura que chega xusto a fin de mes

09/07/2024 14:17

4 de cada 10 consumidores cambiaron o seu hábito de consumo

Realizan compras máis planificadas, pequenas e máis frecuentes
 


Os galegos son os que máis gastan en pan de toda España

01/07/2024 19:13

O gasto en produtos do pan por persoa e ano é de 344 euros

Tamén encabezan o gasto estatal en tabaco, xoias e mascotas


O IPC sobe ao 3,6 % polo encarecemento da electricidade

13/06/2024 09:00

Confírmase igualmente a taxa de inflación subxacente (sen enerxía nin alimentos non elaborados), que se situou no 3 % interanual

O IPC repunta en Galicia ao 4 % interanual


"Somos celíacos, non millonarios" é o lema elixido para este ano para conmemorar o Día da Enfermidade Celíaca

16/05/2024 14:40

A patoloxía afecta unhas 450.000 persoas en España, pero arredor do 70 por cento dos casos están sen diagnosticar


A cesta da compra básica custa 50 euros máis que hai cinco anos

13/04/2024 15:32

As familias optan por adquirir produtos de marca branca, sobre todo en droguería

 


Posto de froita nun supermercado (Europa Press)

Os prezos dos supermercados subiron de media un 38 por cento en tres anos

04/04/2024 14:45

Entre os produtos que máis se dispararon está o aceite de oliva que se encareceu nun 225 %

Ségueo o azucre branco, que subiu un 91 %; o zume de laranxa, un 81 %, e os ovos e o arroz, por riba do 60 %


A cesta da compra subiu máis de 100 euros nos últimos tres anos, segundo a OCU

04/04/2024 11:25

A organización aposta por manter a rebaixa do IVE para determinados produtos máis alá de xuño

Pon o foco especialmente nas rebaixas fiscais da carne e do peixe, o que favorecería non só a consumidores, afirman, senón tamén a produtores


A cesta da compra modérase, pero é un 20 % máis cara ca no 2023

30/03/2024 14:32

O aceite é a estrela da suba dos prezos tras meses estancado nos 10 euros

As previsións apuntan a que a inflación baixará neste 2024


Sen data de apertura para a praza de abastos de Ourense

28/12/2023 14:05

Malia que a rehabilitación do inmoble rematou, os praceiros din que quedan pendentes varias actuacións importantes

Queren unha zona de carga e descarga axeitada, comunicación co aparcadoiro e mellor accesibilidade

Piden ademais saber as condicións para poder facer un plan de realoxamento


A inflación mostra estabilidade en outubro, mais o seu impacto é desigual, por María Cadaval

31/10/2023 08:03

Os prezos mantiveron a súa tendencia á alza no mes de outubro, cun aumento interanual do 3,5 %,

O prezo da cesta da compra sobe un 30 % en dous anos

28/09/2023 14:37

Nos últimos dous anos disparouse un 30 %, segundo a OCU

Este último ano un 14 por cento, a segunda maior suba nos últimos 35 anos

O IPC sobe ata 3,5 % polo encarecemento da luz e os carburantes


A industria do aceite descarta o desabastecemento

08/09/2023 14:14

O stock actual roza as 250.000 toneladas, que chegarán para un período de tres meses, é dicir, ata o remate esta campaña

Apuntan tamén que os prezos non deberían subir máis, ao estar equilibrada a oferta e a demanda


A metade dos alimentos afectados pola rebaixa do IVE subiron de prezo

01/09/2023 15:21

O aumento de prezo dalgúns produtos foi progresivo dende o mes de xaneiro

A froita e a verdura están á cabeza dos alimentos que máis encareceron


O sector da distribución anticipa unha caída do consumo ante a alza dos prezos

25/08/2023 13:56

Barallan medidas como aumentar as promocións para incentivar as vendas


Levar a friameira para comprar?: un hábito cada vez máis común

17/08/2023 16:29

Desde xaneiro pódese levar o envase propio para facer a compra grazas ao decreto de envases e residuos destes


Os novos e os maiores seguen confiando na cabeza e no papel para facer a lista da compra

26/06/2023 20:45

Existen unhas vinte aplicacións con que elaborar a lista da compra para non esquecer nada

Etiquetas:  CESTA DA COMPRA

O custo de vivir sen glute: ata 700 euros máis na cesta da compra

14/05/2023 14:49

As persoas con celiaquía reclaman axudas para afrontar o sobrecusto alimentario

Santiago de Compostela acolleu a segunda feira gastronómica de Galicia sen glute


O IPC adiantado sobe en abril un 4,1 % respecto ao ano pasado

29/04/2023 14:05

Os prezos do combustible, da electricidade e dos produtos frescos son os responsables do incremento


A inflación sobe 8 décimas en abril, ata o 4,1 %, polo aumento dos carburantes

28/04/2023 09:02

A inflación subxacente -sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos-, baixa nove décimas en abril, ata o 6,6 %

O Executivo sinala como causa da repunta a ausencia no cálculo da bonificación aos carburantes

O investimento empresarial e as exportacións fan medrar a economía española 0,5 %


O custo da cesta da compra podería comezar a baixar despois do verán

01/04/2023 14:40

O sector agroalimentario confía en que se reduzan os custos no segundo semestre e que se reflicta no prezo dos alimentos


O goberno portugués elimina o IVE de 44 alimentos básicos

27/03/2023 23:27

Está previsto que a medida estea en vigor entre abril e outubro


O impacto da inflación na cesta da compra, por María Loureiro

15/03/2023 07:34

A inflación segue desbocada, e malia a reducción do IVE en moitos produtos alimenticios

As condicións meteorolóxicas desfavorables contribuíron a unha baixada da produción


Eroski explica que esta estratexia comercial é para facilitar o aforro

Eroski lanza unha cesta da compra con produtos básicos rebaixados

08/03/2023 08:24

Eroski convértese no primeiro supermercado en lanzar unha cesta da compra con produtos

O vicepresidente da CEOE cre que a suba da inflación amorteceu o impacto da rebaixa do IVE na cesta da compra

18/02/2023 12:18

O presidente da Asociación de Traballadores Autónomos -ATA- considera "inviable" a proposta de Podemos de bonificar o 14,4 por cento a cesta da compra

Lorenzo Amor considera "pouco serio" que a vicepresidenta segunda suxira agora a necesidade de cambios na indemnización por despedimento

Agoira unha "inflación de segunda rolda" pola suba do SMI e os seus efectos na agricultura e a gandaría




Aumenta o consumo de produtos conxelados para abaratar a cesta da compra

13/02/2023 14:28

Nove de cada dez consumidores cambiaron os seus hábitos de consumo pola inflación


O prezo da cesta da compra non nota a baixada do IVE

11/02/2023 16:46

A eliminación do IVE en determinados alimentos básicos segue sen notarse no prezo da cesta da compra de moitas familias

Dende o 1 de xaneiro o Goberno suprimiu este imposto no pan, as fariñas, os queixos, o leite, ovos, verduras e froitas

Os consumidores aseguran que o prezo dos alimentos é o dobre de caro que hai un ano


Un de cada cinco alimentos aos que se lles rebaixou o IVE soben o prezo en febreiro

10/02/2023 14:28

O leite ou a froita están entre os que encareceron nas últimas semanas


Trucos para baixar os gastos invisibles

09/02/2023 14:06

Hai tres tipos de gastos dos que non somos conscientes: vampiro, pantasma e formiga


Baixan os prezos do peixe e dos mariscos

07/02/2023 14:42

Algunhas especies baixan os prezos máis da metade con relación ao Nadal


Podemos reclámalle ao PSOE unha cesta básica de alimentos cos prezos previos á guerra

16/01/2023 14:36

Própón compensar o pequeno comercio cun paquete de axudas


Mudan os hábitos de compra polo alto custo da vida

04/01/2023 14:46

Catro de cada dez familias só mercan marcas brancas 

Imos máis ao supermercado na procura das mellores ofertas, pero compramos menos produtos

Recórtanse gastos en roupa e calzado e inténtase aforrar no consumo de gas e electricidade pero cada vez é máis difícil chegar a final de mes


O IPC modérase ata o 6,8 % pola baixada da electricidade e a gasolina

14/12/2022 08:53

Tamén se confirma a taxa de variación anual da inflación subxacente, que se situou no 6,3 %, unha décima máis ca a rexistrada en outubro

Os prezos dos alimentos, pola súa banda, creceron en novembro un 15,3 %

Os prezos compórtanse peor en Galicia, onde o IPC en novembro se sitúa no 7,5 %

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 67 resultados.